“Non queremos sufrir danos: queremos facer prevención ”

→ A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

VIXILANCIA DA SAÚDE

→

O artigo 22, da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais, referente á Vixilancia da Saúde dos traballadores, establece o seguinte:

1. O empresario garantirá ós traballadores ó seu servicio a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes o traballo.
· Esta vixilancia só poderá levarse a cabo cando o traballador preste o seu consentimento. Deste carácter voluntario só se exceptuarán, previo informe dos representantes dos traballadores, os supostos nos que a realización dos recoñecementos sexa imprescindible para avalia-los efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos traballadores ou para verificar si o estado de saúde do traballador pode constituír un perigo para o mesmo, para os demais traballadores ou para outras persoas relacionadas coa empresa ou cando así estea establecido nunha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigosidade.
· En todo caso deberase optar pola realización daqueles recoñecementos ou probas que causen menores molestias o traballador e que sexan proporcionais o risco.

2. As medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores levarase a cabo respectando sempre o dereito á intimidade e á dignidade da persoa do traballador e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde.

3. Os resultados da vixilancia a que se refire o apartado anterior serán comunicados ós traballadores afectados.

4. Os datos relativos á vixilancia da saúde dos traballadores non poderán ser usados con fins discriminatorios nin en perxuizo do traballador.
· O acceso á información médica de carácter persoal limitarase o persoal médico e ás autoridades sanitarias que leven a cabo a vixilancia da saúde dos traballadores, sen que poda facilitarse ó empresario ou a outras persoas sen consentimento expreso do traballador.
· Non obstante ó anterior, o empresario e as persoas ou órganos con responsabilidades en materia de prevención teñen que ser informados das conclusións que se deriven dos recoñecementos efectuados en relación coa aptitude do traballador para o desempeño do posto de traballo ou coa necesidade de introducir ou mellora-las medidas de protección e prevención, a fin de que podan desenrolar correctamente as súas funcións en materia preventiva.

5. Nos supostos en que a natureza dos riscos inherentes ó traballo o faga necesario, o dereito dos traballadores á vixilancia periódica do seu estado de saúde terá que ser prolongado máis alá da finalización da relación laboral, nos termos que regulamentariamente se determinen.

6. As medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores levarase a cabo por persoal sanitario con competencia técnica, formación e capacidade acreditada.
Pola súa parte, o Regulamento dos Servicios de Prevención, que desenrola a Lei de Prevención de Riscos Laborais, establece o seguinte, no seu articulado 37 apartado 3:

a. Os servicios de prevención que desenrolen funcións de vixilancia e control da saúde dos traballadores deberán contar cun médico especialista en Medicina do Traballo ou diplomado en Medicina de Empresa e un ATS/DUE de empresa, sen perxuizo da participación doutros profesionais sanitarios con competencia técnica, formación e capacidade acreditada.

b. En materia de vixilancia da saúde, a actividade sanitaria deberá abarcar, nas condicións fixadas polo artigo 22 da Lei 31/1995, de Prevención de Riscos Laborais:
· 1º.- Unha avaliación da saúde dos traballadores inicial despois da incorporación o traballo ou despois da asignación de tarefas específicas con novos riscos para a saúde.
· 2º.- Unha avaliación da saúde dos traballadores que reinicie o traballo tras dunha ausencia prolongada por mor de saúde, coa finalidade de descubrir os seus eventuais orixines profesionais e recomendar unha acción apropiada para protexer ós traballadores.
· 3º.- Unha vixilancia da saúde a intervalos periódicos.

c. A vixilancia da saúde estará sometida a protocolos específicos ou outros medios existentes con respecto ós factores de risco ós que estea exposto o traballador.
· O Ministerio de Sanidade e consume e as Comunidades Autónomas, oíde-las sociedades científicas competentes, e de acordo co establecido na Lei Xeral de Sanidade en materia de participación dos axentes sociais, establecerá a periodicidade e contidos específicos de cada caso.
· Os exames de saúde incluirán, en todo caso, unha historia clínico-laboral na que ademais dos datos de análise, exploración clínica e control biolóxico e estudios complementarios en función dos riscos inherentes o traballo, farase constar unha descrición detallada do posto de traballo, o tempo de permanencia no mesmo, os riscos detectados no análise das condicións de traballo, e as medidas de prevención adoptadas.
· Deberá constar igualmente, no caso de dispoñerse delo, unha descrición dos anteriores postos de traballo, riscos presentes nos mesmos, e tempo de permanencia en cada un deles.

d. O persoal sanitario do servicio de prevención deberá coñece-las enfermidades que se produzan entre os traballadores e as ausencias do traballo por mor de saúde, ós sos efectos de poder identificar calquera relación entre a causa da enfermidade e de ausencia e os riscos para a saúde que podan presentarse nos lugares de traballo.

e. Nos supostos en que a natureza dos riscos inherente o traballo o faga necesario, o dereito dos traballadores á vixilancia periódica do seu estado de saúde, terá que ser prolongado máis alá da finalización da relación laboral a través do Sistema Nacional de Saúde.

f. O persoal sanitario do servicio deberá analiza-los resultados da vixilancia da saúde dos traballadores e da avaliación dos riscos con criterios epidemiolóxicos e colaborará co resto dos compoñentes do servicio, a fin de investigar e analiza-las posibles relacións entre a exposición e os riscos profesionais e os perxuizos para a saúde e propoñer medidas encamiñadas a mellora-las condicións e medio ambiente de traballo.

g. O persoal sanitario do servicio de prevención estudiará e valorará, especialmente, os riscos que podan afectar ás traballadoras en situación de embarazo ou parto recente, ós menores a ós traballadores especialmente sensibles a determinados riscos, e propoñerá as medidas preventivas axeitadas.

h. O persoal sanitario do servicio de prevención que, no seu caso, exista no centro de traballo deberá proporciona-los primeiros auxilios e a atención de urxencia ós traballadores víctimas de accidentes ou alteracións no lugar de traballo.