A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
OSHA
OSHA é o acrónimo de Occupational Safety and Health Administration. Trátase dunha organización de carácter federal creada en 1970 nos Estados Unidos. OSHA asumiu os labores de control da seguridade e saúde laborais en toda a nación e foi ademais designada responsable de elaborar a normativa neste ámbito. Como o seu obxectivo fundamental era pór orde nas actuacións de control, que anteriormente eran asumidas polos distintos estados con grandes diferenzas de actuación e lamentables resultados, aos poucos esta competencia foi devolta aos estados que se comprometeron a tratar o tema con seriedade. Non así coa competencia normativa, que segue sendo basicamente federal.
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes