A
B
C
D
E
F
G
H
I
J
K
L
M
N
O
P
Q
R
S
T
U
V
W
X
Y
Z
Directiva Europea
Unha directiva é un acto xurídico previsto no Tratado da Unión Europea. É xuridicamente vinculante na súa totalidade e obriga os Estados membros a traspoñela ao Dereito nacional dentro dun prazo determinado. Unha directiva entra en vigor cando se publica no Diario Oficial da Unión Europea.
As directivas da Unión Europea sobre saúde e seguridade no traballo teñen a súa base xurídica no artigo 153 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (antigo artigo 137 TCE), que faculta a UE para adoptar directivas neste ámbito. Dende entón adoptouse unha gran variedade de directivas comunitarias que establecen uns requisitos mínimos para protexer a saúde e a seguridade dos traballadores. Os Estados membros son libres de adoptar normas máis estritas para a protección dos traballadores no momento de traspoñer as directivas comunitarias no Dereito interno, polo que os requisitos en materia de saúde e seguridade no traballo poden variar dun Estado membro a outro
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes