“Practica a prevención ¡é cousa de todos! ”

→ UGT considera que os riscos psicosociais non poden considerarse como elementos secundarios para a saúde laboral

O 75% dos traballadores sofre tensión debida, sobre todo, a unhas deficientes condicións ambientais de traballo; o 31% viu empeorar a súa saúde por mor dos  riscos psicosociais; e o 16% recoñece traballar nun ambiente "hostigador", onde se producen comportamentos violentos. Estas son algunhas das conclusións do Observatorio de Riscos Psicosociais de UGT, tras analizar máis de 4.500 postos de traballo, en diferentes áreas de actividade. O sindicato sinala como unha das principais causas dos riscos psicosociais as estratexias de organización de traballo e demanda, entre outras cousas, ás empresas que avalíen estes riscos, adecúen a carga e ritmo de traballo á capacidade dos traballadores; e establezan un sistema de xestión que evite estes riscos e fomente a comunicación entre os distintos niveis. Así mesmo, propón establecer protocolos e políticas antiacoso.

↓ Descargar documento: nota_prensa_Obs_Psicosociais.pdf