Guía sobre boas prácticas para a mellora da seguridade e saúde no traballo por razón de sexo
O enfoque neutro da prevención, é dicir, aquel que non contempla as diferenzas entre homes e mulleres, fai que na actualidade as medidas preventivas dirixidas á muller queden limitadas só a situación de embarazo e lactación. Aínda que son máis as semellanzas que as diferenzas debemos ser conscientes de que existen. É máis, este feito debe estruturar a actividade preventiva xa que condiciona importantes decisións como a adecuación dos lugares de traballo (baños, vestiarios), a elección dos equipos de traballo (peso ou forza precisa para o seu uso), dos Epi’s (tallas)... A progresiva incorporación de mulleres en sectores tradicionalmente masculinizados fai que sexa imprescindible que fagamos prevención cunha visión actualizada tanto dende o punto de vista técnico como social. En definitiva, é preciso ter en conta enfoques de xénero nas avaliacións de riscos e na planificación das actividades preventivas.
Na Unión Xeral de Traballadores somos coñecedores da realidade na que se atopan os traballadores e traballadoras. Cumprindo coa nosa función de defensa dos dereitos do traballo digno e de calidade, elaboramos dende a perspectiva de xénero a presente guía que nace coa vocación de facer visible as mulleres como suxeitos singulares da prevención de riscos laborais.
Pretendemos que este documento sexa unha ferramenta útil para o traballo dos Delegados e Delegadas de Prevención e que integre á muller nas políticas preventivas tendo en conta algo obvio e moitas veces esquecido: no mundo laboral existen homes e mulleres, somos
diferentes, aínda que iguais. Todos e todas estamos expostos a riscos, pode que non os mesmos, pode que en distintas intensidades, pero todos e todas somos susceptibles de sufrir algún dano por mor do noso traballo e todos e todas temos o dereito de traballar en condicións que garantan a nosa seguridade e saúde.
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes