Tríptico UGT Galicia A Prevención de Drogas tamén é Saúde Laboral
As drogodependencias no lugar de traballo deben ser tratadas como unha cuestión de saúde. No mundo laboral existen
determinados factores de risco que, de non corrixirse, poden potenciar o consumo de drogas entre as persoas
traballadoras. A sobrecarga de traballo, a tensión e os ambientes insalubres son exemplos significativos, entre outros
moitos, dos factores que poden inducir ao consumo de sustancias.
É importante que as empresas consideren a necesidade de previr e tratar os riscos asociados á dependencia do alcol, as
drogas e os medicamentos. Debemos analizar e ter en conta os efectos que provoca o consumo de sustancias por parte
dos traballadores/as como outro risco laboral máis á hora de desencadear posibles accidentes laborais.
As accións en materia de drogodependencias nas empresas, deben estar inmersas dentro dun Plan de Prevención e
Rehabilitación. A formulación sindical para solucionar este problema precisa da creación de climas saudables na empresa;
dunha negociación colectiva eficaz; e da participación sindical nos recoñecementos médicos da vixilancia da saúde.
Nesta xornada presentarase e entregarase aos asistentes a GUIA SINDICAL DE PREVENCIÓN DO CONSUMO DE
SUSTANCIAS PSICOACTIVAS NO EIDO LABORAL elaborada por UGT Galicia ao abeiro da Orde do 30 de decembro de
2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas a actividades de fomento da prevención de
riscos laborais na Comunidade Autónoma de Galicia no exercicio de 2011. Esta Guía pretende ser un instrumento de
axuda que poida servir no traballo diario dos Delegados e Delegadas de Prevención, é a nosa pretensión porque cremos
no labor preventivo que realizan nas empresas.

Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes