“Non queremos sufrir danos: queremos facer prevención ”

→ Informe Confederal estatísticas EEPP Segundo Trimestre 2012

Segundo os datos facilitados polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social a través do Observatorio das Continxencias Profesionais, dende a Secretaría de Saúde Laboral elaboramos o informe adxunto: "Enfermidades Profesionais Xullo 2012".
Notificáronse un total de 10.250 enfermidades profesionais, das cales 4.982 foron con baixa, e 5.268 non produciron baixa. Con respecto ao ano 2011, houbo unha variación de 1.416 enfermidades profesionais declaradas menos, o que supón un descenso do 12%.
En canto ás enfermidades profesionais que ocasionaron baixa, produciuse un descenso na declaración destas en xullo de 2012 con 806 menos que o ano 2011, (-14%). Estamos aínda moi lonxe do rexistrado no 2006, xa que se notificaron 8.070 enfermidades profesionais con baixa menos, (-62%).
Durante xullo de 2012, producíronse 610 enfermidades profesionais sen baixa menos que no 2011 (-10%), e 2.964 máis que no 2006, o que supón un incremento do 127%.
Por grupo, o maior número de enfermidades profesionais englóbanse dentro do Grupo 2 (causadas por axentes físicos), dentro deste grupo inclúense aquelas enfermidades profesionais que causan trastornos musculo esqueléticos. Destacar que no Grupo 6 (axentes carcinóxeno) o axente que máis enfermidades deste tipo provocou, no período de estudo, foi o amianto con 24.

↓ Descargar documento: Anexo_EEPP_Julio_12.pdf