“Non xogues coa vida, practica a prevención ”

→ Estudo epidemiolóxico no marisqueo a pé

O Estudo epidemiolóxico no marisqueo a pé que se presenta foi deseñado e elaborado por médicos e enfermeiros especialistas en Medicina do Traballo que integran o equipo de medicina laboral do ISSGA, pero o seu valor fundamental é ter sido realizado para e co sector.
Foron as propias mariscadoras as que proporcionaron a información, relatando os seus problemas
máis frecuentes, describindo as súas tarefas, especificando a organización do seu traballo, etc.
Pola súa parte, a análise dos riscos, a identificación e diagnóstico das patoloxías, e a asociación
causal entre ambos os dous quedan reservados para os profesionais da Medicina do Traballo.
A alta participación neste proxecto (936 mariscadoras, unha cifra que supón preto do 24% da poboación en activo en Galicia, pertencentes a 32 das 45 confrarías nas que se desenvolve o marisqueo a pé) demostra a boa acollida polo colectivo e permítenos ter as claves para abordar as patoloxías máis prevalentes e os seus factores determinantes.

↓ Descargar documento: Estudo_epidemiolóxico_marisqueo_a_pé_ISSGA.pdf