II Enquisa sobre as condicións de seguridade e saúde no traballo da muller en Galicia
Introdución
A poboación laboral feminina asalariada en Galicia no 2008 alcanzou as 413.700 traballadoras, segundo a EPA 2008, o que representa o 44,8% da poboación traballadora. As mulleres constitúen case a metade da poboación traballadora galega o que fai necesario que a perspectiva de xénero sexa contemplada na xestión da prevención de riscos laborais nas empresas, de xeito que podamos garantir os mesmos dereitos laborais, especialmente aqueles que están relacionados coa seguridade e saúde no traballo.
Con esta segunda enquisa preténdese proporcionar máis información e máis precisa tanto aos traballadores e traballadoras como aos responsables das empresas. Obter datos exclusivos da poboación feminina no ámbito da saúde laboral permitirá establecer actuacións preventivas dirixidas dun xeito específico a aqueles riscos que afectan especialmente ás mulleres traballadoras.
Informe final da enquisa 2009 Cuestionario final Manual do enquisador
Obxectivos específicos
- Determinar os factores de risco do contorno laboral.
- Identificar as exposicións laborais máis frecuentes.
- Analizar o grao de integración da perspectiva de xénero na xestión da prevención nas empresas.
- Avaliar o grao de conciliación da vida familiar e laboral.