Inicio >> Análise da non resposta
Consellería de Traballo e Benestar. Dirección Xeral de Relacións Laborais

II Enquisa sobre as condicións de seguridade e saúde no traballo da muller en Galicia

USC. Universidade de Santiago de Compostela

Análise da non resposta

Definimos como non resposta todos aqueles casos nos que cumpriría realizar unha enquisa válida de forma aleatoria e que por diferentes causas ou motivos non se acadaron.

Relación entre o número de empresas que rexeitaron participar na enquisa e as que colaboraron.
Sector Persoal A Coruña Lugo Ourense Pontevedra Galicia
Construción
1-9 8 13 20
10-49 2 2
50-249 3 2
Servizos
1-9 2 1 1 3 2
10-49 3 1 2 1 2
50-249 1 1 1 1 1
250-499 2
>= 500 2 1 2
Industria
1-9 4 2 6 4
10-49 2 1 1 1 2
50-249 2 1 0 2 2
250-499 1
>= 500 1
Agrario
1-9 4 2
50-249 1 1


Observase unha distribución irregular da non resposta, destacan as empresas de menor dimensión, menos de 10 traballadores, do sector da construción nas provincias de A Coruña e Ourense. Na suma acumulada de Galicia foi necesario contactar con un total de 39 empresas para que tan só dúas delas realizaran enquisas efectivas.

Informe da análise da non respostaEstadísticas

Pola falta dun censo de traballadoras non se puido contactar directamente coas mesmas, sendo necesaria a intervención da empresa, e a través dela, e unha vez obtida a súa autorización, accedíase ás mulleres empregadas, que tamén decidían se estaban dispostas ou non a participar na enquisa.

A realización do presente estudo fixo necesario contactar cun total de 614 empresas, das que 211 aceptaron participar, e 403 por diferentes motivos, que a continuación comentaremos, non colaboraron.