II Enquisa sobre as condicións de seguridade e saúde no traballo da muller en Galicia
Metodoloxía
Tamaño da mostra
Un feito diferencial o constitúe a incorporación de enquisas a xefes/xefas, entendidas como persoal responsable directamente das traballadoras ben por ser o/a propietario/a da empresa ou ben por ter esta función designada.
Na distribución final das enquisas realizadas, amosada no gráfico do pé de páxina, obsérvase que se realizaron maior número de enquisas nas zonas de maior concentración de empresas de Galicia.
| Provincia | Traballadoras enquisadas | Xefes/as enquisadas |
|---|---|---|
| Total | 405 | 13 |
| A Coruña | 169 | 3 |
| Lugo | 65 | 4 |
| Ourense | 41 | 1 |
| Pontevedra | 130 | 5 |
Poboación e área de estudo
A poboación da análise, ou universo poboacional, está composta por tódalas mulleres traballadoras por conta allea de máis de 16 anos e ata 65 anos de idade, que traballan en empresas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.
| Provincia | Número de traballadoras |
|---|---|
| Galicia | 467.876 |
| A Coruña | 198.511 |
| Lugo | 59.164 |
| Ourense | 49.603 |
| Pontevedra | 160.598 |
A mostra deseñouse atendendo a unha distribución porcentual das diferentes variables controladas na mostraxe: provincia, sector de actividade e estrato de asalariados da empresa. Os puntos de mostraxe corresponden a empresas repartidas polos 315 concellos que conforman o territorio galego.
Mapas de distribución de enquisas
