“Engánchate á vida ”

É preciso un plan de acción estatal para eliminar o amianto e compensar ás vítimas Publicado o 7 de julio de 2015

→   A Secretaría de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT solicítalle ao Goberno a elaboración dun plan de acción estatal para eliminar e erradicar o amianto e o establecemento dun “fondo de compensación sen culpa” para apoiar e axudar ás vítimas do amianto, de tal xeito que os traballadores, as familias e a sociedade que conviviu con este material non teña unha peregrinaxe xurisdiccional, senón que unha vez que se poida probar que estiveron expostos ao amianto se lle compense. “Trátase de reparar esta inxustiza social e de que o noso goberno e a sociedade, que moitas veces non é consciente deste problema, desperten”. Un fondo de compensación como o que xa existe en Bélxica ou Inglaterra e que é fundamental.  

A Secretaría de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT solicítalle ao Goberno a elaboración dun plan de acción estatal para eliminar e erradicar o amianto e o establecemento dun “fondo de compensación sen culpa” para apoiar e axudar ás vítimas do amianto, de tal xeito que os traballadores, as familias e a sociedade que conviviu con este material non teña unha peregrinaxe xurisdiccional, senón que unha vez que se poida probar que estiveron expostos ao amianto se lle compense. “Trátase de reparar esta inxustiza social e de que o noso goberno e a sociedade, que moitas veces non é consciente deste problema, desperten”. Un fondo de compensación como o que xa existe en Bélxica ou Inglaterra e que é fundamental.

 

A responsable desta Secretaría, Marisa Rufino, remarcou que o número de demandas non se corresponde co elevado número de traballadores expostos e incidiu na necesidade de que as enfermidades vinculadas á manipulación ou exposición ao amianto se recoñezan como enfermidades profesionais.

 

Neste sentido, lembrou que o cancro de larinxe vaise incorporar agora mesmo al listado de enfermidade profesional despois de dous anos de estudo.

 

Ademais, manifestou que para que se produza un desamiantado seguro é preciso, entre outras cousas, que se elabore un rexistro de edificios e instalacións con presencia de amianto, que non existe no noso país, e que se controlen os vertedoiros e se avance no tratamento deste tipo de residuos.

 

A Secretaria de Saúde Laboral de UGT fixo estas declaracións durante a petición “Amianto cero en Europa e Xustiza para as Vítimas”. O obxectivo desta petición, á que xa se sumaron 34 organizacións, só no eido nacional, é trasladar ás institucións europeas a necesidade de que se proceda ao desamiantado seguro en toda a UE e se garantice a xustiza, o apoio e a atención ás vítimas do amianto. Para elo, é preciso poñer en marcha plans para a detección e eliminación deste material canceríxeno.

 

Centos de miles de vítimas

 

O amianto mata, está na nosa contorna e provocou centenares de miles de vítimas. Segundo a OIT, anualmente, falecen no mundo máis de 100.000 persoas pola súa exposición ao amianto.

 

Segundo a Orgnización Mundial da Saúde, só na UE rexístranse cada ano entre 20.000 e 30.000 novos diagnósticos de enfermidades relacionadas co amianto e máis de 300.000 persoas morrerán de mesotelioma pleural de aquí a 2030 (delas máis de 40.000 en España).

 

O amianto é un dos principais problemas de saúde pública e é preciso atallar, sen máis demora, esta catástrofe.