“Non queremos sufrir danos: queremos facer prevención ”

A Asociación Galega de Vítimas do Amianto cre que a propia administración é o "inimigo número un" destes enfermos Publicado o 14 de mayo de 2008

→ A Asociación reclamou unha atención sanitaria "digna e eficaz" para dar resposta aos enfermos afectados por este material e que se recoñeza a enfermidade como "profesional". Así o expresou o presidente do colectivo Cristobal Caneiro

"Non recoñece a enfermidade como profesional e na actualidade ponse en dúbida se o traballador colleu a enfermidade no traballo, na casa ou na rúa", reprochou en roda de prensa sobre a xornada O traballo con Amianto: Perigo, organizada en Ourense polo sindicato CIG co obxectivo de difundir esta enfermidade e concienciar sobre a prevención da mesma.

Ás xornadas asisten, entre outros, os delegados provinciais de Sanidade e Traballo de Ourense, representes sindicais e técnicos de prevención de riscos laborais e conta coa intervención do presidente da Asociación, Cristóbal Carneiro, e de Gumersindo Rego, neumólogo do Instituto Nacional de Silicosis de Oviedo.

Os dous ponentes esixiron "melloras" na prevención desta enfermidade e, en concreto, o presidente da Asociación Galega de Vítimas do Amianto explicou que os traballadores susceptibles de graves enfermidades por estar en contacto co amianto son aqueles que "traballan ou traballaron nos sectores da construción, naval ou ferroviario".

Segundo os seus datos, só en Ferrol existen 3.000 afectados na actualidade e as enfermidades adoitan detectarse "moi tarde", ata "logo de 30 anos de contacto con este perigoso material". Na propia asociación e o Instituto de Silicosis de Oviedo implantouse unha consulta de acto único para posibles doentes por amianto na que o médico realiza un diagnóstico en catro horas e media realizando todas as probas necesarias.

Neste sentido, Carneiro manifestou que lograron "un avance" con este tipo de consultas en Ferrol posto que "un traballador entra aos oito da mañá e ás doce e media sae cun diagnóstico debaixo do brazo". O presidente do colectivo reclamou que este sistema sexa implantado na sanidade pública porque ata a data "desde que un traballador comezaba coas probas ata lograr un diagnóstico pasaba un ano e oito meses".

Cristóbal Carneiro anunciou que a asociación traballa con dúos descpachos americanos, que están asociados con outro en Madrid para presentar demandas a empresas de Estados Unidos por fornecer o material, altamente canceríñeno, a España durante os últimos anos.

Neste senso, explicou que ese será un dos camiños que emprenderán para solucionar o que cualificou como "un problema de Estado". "Sabíase que era un material altamente canceríxeno e, con todo, deixaban que a xente traballase con el e non se lle fornecía material necesario para protexer a saúde dos traballadores", recriminou.

Fonte 14/05/2008 - Yahoo.es