Nube de etiquetas
A sinistralidade laboral cae en Lugo un 12,8 por cento Publicado o 23 de enero de 2012

Respecto dos accidentes 'in itinere' —aqueles que teñen lugar ao ir ou volver ao traballo—, a responsable do Issga detallou que se produciron 3.350, o que supón unha redución dun 15,04 por cento con respecto a 2010, xa que se rexistraron 593 accidentes menos.
Por zonas, a diminución da sinistralidade dáse nas catro provincias. En concreto, o maior descenso corresponde a Pontevedra, cun 17,37 por cento; seguida por Ourense, cun 17,24 por cento; A Coruña, cun 14,39 por cento; e, para rematar, Lugo cun 12,78 por cento.
En canto aos datos por sectores, Adela Quinzá-Torroja indicou que esta caída da sinistralidade "dáse en todos os sectores", aínda que con todo este retroceso é "menor no sector primario da pesca e agricultura". Por contra, o maior descenso dáse na construción, cun 24,64 por cento; seguido da industria, cunha redución dun 17,8 por cento; o sector servizos cun 11,1 por cento menos; e, para rematar, a pesca e agricultura, con baixadas do 8 por cento e do 6,2 por cento, respectivamente.
A Xunta non detallou este venres os datos exactos do ano pasado. No 2010, en Lugo contabilizáronse 3.600 accidentes (dez deles mortais). Iso significaba case un dez por cento dos sumados en Galicia (36.733, dos que 65 causaron a morte da vítima).
FONTE: 20-01-2012 EL PROGRESO
Novas relacionadas
- O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas
- UGT aposta pola formación e a prevención para combater as drogodependencias no eido laboral
- UGT esixe maiores plans de prevención nas empresas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes