Nube de etiquetas
Ano e medio de cárcere por coacción ao médico de empresa Publicado o 2 de agosto de 2012

O Xulgado do Penal número 3 de San Sebastián ten condenado a un traballador a dezaoito meses de prisión por un delito de coaccións e lesións psíquicas a un médico do Traballo dunha cooperativa do País Vasco.
Segundo Alfonso Atela, avogado do Colexio de Médicos de Biscaia, que representou o facultativo no proceso, a singularidade do caso está en que os feitos aconteceron no ámbito privado e non na Administración, que adoita ser máis habitual, e, ademais, a lesión ten unha consideración xudicial de delito e non de falta.
Petición de traslados
Entre as funcións do facultativo demandante están a de elaborar informes para trasladar un empregado de posto de traballo por motivos de saúde. Con esa petición chegou unha traballadora ata a súa consulta e, despois da pertinente valoración, realizou un informe en contra do cambio que pedía. Como consecuencia desa negativa, o marido da traballadora, empregado na mesma compañía, emprendeu unha campaña de desprestixio do médico dentro da empresa colocando carteis nos que pedía a súa xubilación e cuestionaba con duras palabras o seu labor. Os carteis non ían asinados, polo cal houbo un traballo de investigación policial para dar co autor.
Unha vez identificado, o médico interpuxo unha denuncia contra el polo delito de coacción e dano psicolóxico. Entón, o agresor recorreu a demanda á Audiencia Provincial de Guipúscoa por considerar que os feitos non eran constitutivos de delitos senón de faltas, que teñen asociado o pagamento de multas sen penas de cárcere. A Audiencia ditou un auto no que desestimou a petición do demandante e resolveu que os feitos que se lle imputaban eran dunha gravidade susceptible de ser considerada delitos.
Así, no xuízo do penal, o Ministerio Fiscal compareceu no caso e solicitou tres anos de cárcere para o agresor. Finalmente, a boa disposición do imputado e do seu avogado fixo reducir os meses de modo que non teña que ir ao cárcere. A sentenza do xulgado condena por un delito de coaccións a pena de multa de doce meses cunha cota diaria de cinco euros, e como autor dun delito de lesións psíquicas, á pena de seis meses de prisión.
Accións civís
Atela sinala que con esta sentenza do xulgado penal quedou resolta a responsabilidade penal do autor do delito, pero está en proceso a petición de responsabilidades civís á empresa que, segundo o letrado, neste caso debería ter tido unha actitude máis activa para evitar os feitos xulgados. Como consecuencia dese ataque o médico sufriu un trastorno adaptativo mixto, polo que estivo en tratamento.
FONTE: 01-08-2012 PREVENCIONAR.COM
Novas relacionadas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
- 68 traballadores diariamente son vítimas dunha enfermidade relacionada co traballo
- UGT edita un estudo que ofrece ferramentas para incorporar a prevención dos riscos psicosociais na negociación colectiva
- Continúa a deterioración da saúde e seguridade dos traballadores
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes