“Protéxete e protexe dos accidentes”

Banco de Experiencias Ergonómicas no Sector da Construción Publicado o 23 de enero de 2012

→ A Fundación Laboral da Construción lanza o ?Banco de Experiencias Ergonómicas? para a mellora das condicións de traballo no sector

A nova ferramenta de asistencia técnica inclúe un apartado de experiencias preventivas no ámbito da ergonomía.

O portal preséntase como un novo instrumento preventivo de asistencia técnica para empresarios, traballadores e técnicos de prevención, que facilitará a realización de accións preventivas nas empresas nesta materia, en xeral, e a análise e a solución de problemas ergonómicos para diversos postos de traballo do sector, en particular.

Unha previa análise de detección de necesidades determinou os problemas existentes no sector da construción no ámbito da ergonomía. Deste xeito, chegouse á conclusión de que unha das fontes xeradoras deste tipo de riscos é o uso de máquinas e ferramentas. Así, neste portal é posible atopar un apartado coa información sobre as ferramentas manuais de uso máis habitual no sector así como de moitas máquinas tanto fixas como portátiles. Ademais de atopar unha descrición das mesmas e dos seus principais usos e posturas de traballo habituais, inclúense os problemas ergonómicos detectados na súa utilización e as recomendacións para a súa eliminación ou redución.

Unha das partes fundamentais deste instrumento está constituída polo apartado destinado ás boas prácticas e experiencias preventivas no ámbito da ergonomía, que se divide en ?Riscos e recomendacións xerais?, onde se inclúen exemplos de aplicación da ergonomía de utilidade para calquera posto e tarefa do sector, e nunhas ?Boas prácticas por postos de traballo?, con exemplos específicos para diversos postos de traballo.

Ademais, no portal existe un completo catálogo de produtos que existen no sector e cuxo uso pode proporcionar vantaxes desde o punto de vista ergonómico.

Banco de Experiencias Ergonómicas no Sector da Construción prevencion riscos laborais seguridade saúde traballo

FONTE: 18-01-2012 PREVENCIONAR.CON