Nube de etiquetas
Catro peóns faleceron este ano en accidente laboral na provincia Publicado o 19 de octubre de 2010

No que vai de ano catro traballadores do sector da construción faleceron en accidente laboral na provincia. Foi o fatal desenlace dos máis de 500 accidentes rexistrados en Ourense nos oito primeiros meses do ano (no cómputo total, de 518 sinistros, faltan aínda os de setembro e o que vai de outubro, mes no que se produciu un dos accidentes mortais). Destes, oito foron graves, mentres que os demais recibiron a consideración de leves. Iso nun sector que en agosto sumaba 8.276 traballadores (658 deles, mulleres).
As mortes de peóns (todos eles homes) producíronse nos meses de xaneiro, febreiro e marzo, ás que o pasado día 6 sumouse a do empregado dunha empresa de fiestras que faleceu ao caer desde un sétimo piso nunha vivenda en construción no Barco de Valdeorras.
Precisamente nesta localidade é onde onte se celebraron unhas xornadas técnicas sobre prevención de riscos laborais, que buscan dar a volta ás estatísticas. Nelas, a inspectora de Traballo, Rocío de Froitos, falou das principais infraccións que se cometen no sector, así como as sancións que impón. Destacou que en Ourense o que máis miran é que «teñan a avaliación, a planificación; tamén as condicións e materiais, as medidas de protección individual...»; mentres que o máis sancionado é «aquilo que supón un maior risco para a saúde do traballador, falta de kits de protección individual, andamiaje...». Aseguraba que a situación vai mellorando, pero «aínda queda moito por mellorar, pasito a pasito», rematou.
FONTE: lavozdegalicia.es (19/10/2010)
Novas relacionadas
- O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas
- UGT esixe maiores plans de prevención nas empresas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
- Nun contexto marcado polos recortes, a precariedade e reformas laborais restritivas, a sinistralidade increméntase en máis de nove puntos en Galicia
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes