“Protéxete e protexe dos accidentes”

Intolerable aumento dos falecidos como consecuencia do seu traballo en 2015 Publicado o 20 de enero de 2016

→ A Unión Xeral de Traballadores considera intolerable o aumento en 54 persoas dos falecidos de xaneiro a novembro de 2015, respecto ao mesmo período do ano anterior, como consecuencia do seu traballo, situando a cifra total de falecidos en 664.

O Sindicato lamenta que esta cifra aumente ano tras ano e continúa loitando por conseguir una contorna laboral con maior seguridade e saúde para os traballadores e traballadoras do noso país.

Segundo o avance de accidentes de traballo publicado polo Minsterio de Emprego, producíronse máis dun millón de accidentes laboráis neste período, un 4,5 por cento máis que en 2014, dos cales case medio millón causaron baixa (un 7,7 por cento máis).

UGT alerta desde hai tempo do pretexto da crise para deixar de lado as políticas preventivas e o investimento das empresas nesta materia, o que está provocando este alarmante incremento da sinistralidade laboral.

As políticas de austeridade produciron un aumento da precariedade laboral e do emprego informal. Centos de miles de subempregados, traballadores da economía mergullada e temporais que sufren un forte impacto sobre a súa saúde e calidade de vida.

Para UGT, garantir a saúde integral de todos os traballadores debe ser un eixo esencial na política de saúde pública e laboral do novo Goberno. Faise imprescindible o desenvolvemento de actuacións urxentes para prevenir a sinistralidade, como a creación da figura do Delegado territorial e sectorial para todo o Estado, que facilitaría o acceso a unha verdadeira cultura preventiva no seno das empresas, a través da información, formación e asesoramento cercano e directo.

O Sindicato considera fundamental potenciar a coordinación no desenvolvemento e facilitar a execución de políticas en materia de prevención de riscos, así como, a aplicación da Lei de Saúde Pública no ámbito das distintas Comunidades Autónomas.

Ademais, entre outras cuestión, resulta imprescindible incrementar as actuacións da Inspección de Traballo en materia de prevención de riscos laboráis, así como, unha maior vixilancia e control do cumprimento da normativa.