Nube de etiquetas
Leis firmes, controis rigorosos e sindicatos fortes contra a sinistralidade laboral Publicado o 14 de junio de 2016

E na actualidade, "a maioría de empresas consideran a prevención como un custo e non como un beneficio, reducindo o investimento. A isto hai que sumar as políticas de austeridade, que fomentan a precariedade nas condicións de traballo; e as vendas das Sociedades de Prevención a fondos de investimento, onde prima máis o económico, poñendo en risco a calidade do servizo e imposibilitando unha redución dos accidentes laboráis".
Ademais, as condicións de traballo dos técnicos de prevención non axudan. "A sobrecarga de traballo destes profesionais é moi elevada. Fanse avaliacións por teléfono sen visitar os centros de traballo e non se realiza a vixilancia da saúde colectiva para comprobar como afectan as condicións de traballo á seguridade e a saúde dos traballadores".
Por tanto, "resulta imprescindible leis firmes, porque é necesario garantir unha protección legal, adecuada e eficaz fronte aos riscos que ameazan a saúde de millóns de traballadores; controis rigorosos, para que se cumpra a lei; e sindicatos fortes, porque somos a mellor protección para os traballadores. Nos lugares de traballo onde existe a representación sindical son máis seguros que aqueles nos que non hai presenza do sindicato".
Novas relacionadas
- O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas
- UGT aposta pola formación e a prevención para combater as drogodependencias no eido laboral
- UGT esixe maiores plans de prevención nas empresas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes