“Protéxete e protexe dos accidentes”

Multa para uns mariñáns responsables dunha obra tras o accidente laboral dun operario Publicado o 3 de septiembre de 2010

→ Dous mariñáns foron condenados como consecuencia dun accidente laboral ocorrido nunha obra de San Miguel de Reinante, en Barreiros.
Contra un terceiro, que estaba imputado inicialmente, foi retirada a acusación. Os condenados son D.V.P e M.A.P.S. Ambos aceptaron tres meses de prisión a substituír polo pago dunha multa de seis meses a razón de seis euros diarios.
O fiscal explicou que o accidente ocorreu o 9 de xuño de 2006 nunha obra que realizaba a empresa Chao e Fillos Viveiro. Un traballador que estaba realizando labores de desencofrado no extremo da placa, precipitouse ao baleiro desde unha altura de 3,50 metros. Como consecuencia do incidente produciuse unha fractura de acuñamiento a nivel dunha vértebra.
O fiscal imputou ao responsable da empresa, o coordinador de seguridade e ao encargado da obra porque considerou que permitiron a realización e execución por parte do traballador de funcións de desencofrado a unha altura superior aos tres metros sen protección algunha, nin colectiva nin individual. A inspección levada a cabo no lugar, unha vez ocorrido o accidente revelou que non había nin varandas nin redes, nin outros elementos que garantisen a integridade dos operarios.
Non tiñan cinto
A nivel individual os traballadores supostamente carecían de arnés e cinto de seguridade. O fiscal entende que con tal proceder os condenados non só violaron a normativa de seguridade laboral ao efecto, senón que puxeron en grave risco a integridade física tanto do traballador afectado como doutros compañeiros que traballaban aquel día.
Os feitos foron cualificados como un delito contra os dereitos dos traballadores e outro de lesións. A acusación pública pediu inicialmente para cada un dos acusados dous anos de prisión e dez meses de multa a razón de dez euros diarios. Antes de iniciarse a vista, na mañá de onte, os avogados dos acusados negociaron a redución na petición de penas co fiscal que se ocupou do caso.
FONTE: lavozdegalicia.es (03/09/2010)