“Non xogues coa vida, practica a prevención ”

O acoso laboral a persoas con minusvalidez intelectual é máis frecuente cando non hai apoio profesional Publicado o 24 de marzo de 2012

→ Os profesionais encontran problemas á hora de detectar o bullying debido á dificultade de expresar emocións das vítimas

SANTANDER, 13 (EUROPA PRESS)

O acoso laboral é máis frecuente naqueles casos nos que a persoa con minusvalidez intelectual accede ao traballo a través de canles informais, un familiar ou un amigo, sen un asistente profesional. Así se constatou na fase inicial do proxecto europeo 'Déixame ser eu', no que participa en calidade de socio a Fundación Laboral do Metal.

Un total de 18 profesionais relacionados con organizacións de apoio a persoas con minusvalidez intelectual de Portugal, Reino Unido, Irlanda e España, participaron nas entrevistas dirixidas a analizar o bullying (acoso en inglés) en diferentes ámbitos: familiar, escolar e laboral.

Nos dous primeiros percibiuse un maior número de casos de acoso; no ámbito familiar prodúcese sen haber intencionalidade por parte dos familiares mentres que no colexio, o acoso é máis frecuente a partir da adolescencia, cando se fai máis evidente a minusvalidez intelectual.

No caso do ámbito laboral constatouse que cando unha persoa con minusvalidez intelectual se integra no traballo acompañado dun titor é moi difícil encontrar casos de acoso, mentres que a situación cambia cando a integración non se realiza con acompañamento profesional, senón que se accede a través dun amigo ou un familiar.

En todos os casos, os profesionais detectaron problemas similares á hora de detectar casos de acoso, xa que as vítimas non saben identificalo debido ás dificultades para expresar as súas emocións e problemas ou ben porque aceptan o acoso como unha vía para lograr ser integradas no grupo.

TIPOS MÁIS FRECUENTES DE ACOSO

Os modos de bullyig máis frecuentes que se puideron tipificar polos diferentes profesionais son as humillacións, enganos, maltrato, bromas de mal gusto, exclusión, ameazas e mesmo extorsión, segundo informa a Fundación Laboral do Metal nun comunicado.

O programa comeza agora a segunda fase con reunións dos grupos focais formados por persoa con minusvalidez intelectual, profesionais, empresarios, profesores/titores e familias. No caso de España participarán usuarios e profesionais de Ampros, que narrarán as súas experiencias ao respecto.

Está previsto que os resultados desta fase se dean a coñecer a finais do mes de marzo. Posteriormente comezará a elaboración do material formativo destinado a empresas, profesionais, profesores e persoas con minusvalidez intelectual que será utilizado como ferramenta para facer fronte ao acoso laboral.

O programa 'Déixame ser eu' ten unha duración de dous anos e está financiado pola Unión Europea a través da iniciativa Leonardo Da Vinci.

FONTE: 14-02-2012 ELECONOMISTA.ES