“Non queremos sufrir danos: queremos facer prevención ”

O Goberno facilita, grazas á súa Lei de Mutuas, a apresurada privatización das Sociedades de Prevención Publicado o 8 de abril de 2015

→   UGT denuncia novamente que a Lei de Mutuas do Goberno está encubrindo unha privatización do Sistema Nacional de Saúde do noso país, máis aínda tras coñecer que o xigante sanitario IDC Salud está protagonizando a compra masiva das sociedades de prevención de accidentes de traballo das mutuas.  

UGT denuncia novamente que a Lei de Mutuas do Goberno está encubrindo unha privatización do Sistema Nacional de Saúde do noso país, máis aínda tras coñecer que o xigante sanitario IDC Salud está protagonizando a compra masiva das sociedades de prevención de accidentes de traballo das mutuas.

 

Un investimento nun sector que descoñece, que afecta á seguridade e saúde dos traballadores e que debería estar intervido pola Seguridade Social e a Auditoría Xeral do Estado, algo que non sucede. O sindicato considera imprescindible apostar por un servizo de calidade co fin de que a prevención non sufra unha nova merma, para o cal a mellor opción pasa pola xestión cos traballadores e traballadoras do sector, que son quenes realmente coñecen a realidade e as necesidades das empresas nesta materia.

 

A Unión Xeral de Traballadores ven denunciando, dende que se presentou o anteproxecto de Lei de reforma do Sistema de Seguridade Social (máis coñecido como Lei de Mutuas), que a mesma estaba encubrindo unha privatización do sistema sanitario.

 

Esta Lei estableceu as pautas necesarias para conseguir, pola porta de atrás e sen facer ruído, o que tiñan paralizado as Mareas Blancas, que o Sistema Público de Saúde pase a mans privadas.

 

Unha das portas para facerse co negocio da Sanidade, unha vez privatizada, abríase a través da enaxenación das Sociedades de Prevención pertencentes ás Mutuas, que se convertiron así en obxecto de desexo das grandes compañías de capital de risco con intereses sanitarios, como é o caso do IDC.

 

A puxa deste tipo de compañías, na súa maioría de capital estranxeiro, é de tal calibre que agora córrese o risco de que a prevención de riscos laborais pase a mans das mesmas nunha porcentaxe elevada, e é que só IDC decidiu investir co fin de posicionarse como a primeira entidade da prevención en España, facéndose, se consegue as súas pretensións, con algo máis do 30 por cento do mercado, pois o seu investimento pasa por mercar as Sociedades de Prevención das seguintes Mutuas: La Fraternidad, MC Mutual e Mutua Universal, ás que se une a última aposta, a de facerse con Fremap; polo que a Comisión Nacional da Competencia debería informar ao respecto.

 

De feito, esta semana, pese a ter unha oferta de compra dos propios traballadores da Sociedade de Prevención de FREMAP, a Xunta Directiva da Mutua aprobou a venda a IDC Salud, aínda tendo outra oferta que garantizaba moito máis o mantemento de todos os postos de traballo da Sociedade de Prevención e a calidade da oferta preventiva no seno das empresas españolas, xa que era a oferta dos propios traballadores e traballadoras da Sociedade, coa implicación necesaria para o mentemento dos seus postos de traballo e implantación da prevención de riscos laborais nas empresas.

 

Falamos dun investimento nun sector que descoñece, que nunca estivo na súa carteira, que afecta á seguridade e saúde dos traballadores do conxunto de sectores, pois ter un bo ou mal sistema preventivo acarreará graves consecuencias para as e os traballadores e para as arcas do Estado, a contía que está disposto a depositar este fondo de capital de risco ronda os cen millóns de euros.

 

O maior proveedor privado de servizos sanitarios públicos en España vaise convertir no responsable de realizar a prevención de riscos laborais en gran parte das empresas do nosos país.

 

É esta unha operación que debería ser intervida pola Seguridade Social e pola Auditoría Xeral do Estado, pois son demasiados os intereses de todo tipo, e non se corresponden cos controis aos implicados.

 

UGT, en todos os seus casos, apostou por un servizo de calidade, porque a prevención de riscos laborais en España, non sufra outra merma máis, pois a sinistralidade laboral é un goteo incesante de malas novas, que pode aumentar a límites insostibles se se deixa a prevención de riscos nas mans de quen só busca o beneficio económico.

 

Consideramos que a mellor das opcións pasa pola xestión cos traballadores e traballadoras do sector, que son quenes realmente coñecen a realidade e as necesidades das empresas nese ámbito.

 

Esta semana, pese a ter unha oferta de compra dos propios traballadores da Sociedade de Prevención de FREMAP, a Xunta Directiva da Mutua aprobou a venda a IDC Salud, aínda tendo outra oferta que garantizaba moito máis o mantemento de todos os postos de traballo da Sociedade de Prevención e a calidade da oferta preventiva no seno das empresas españolas, xa que era a oferta dos propios traballadores e traballadoras da Sociedade, coa implicación necesaria para o mantemento dos seus postos de traballo e implantación da prevención de riscos laborais nas empresas.