“Fai prevención ”

O Mobbing e a Reforma Laboral. Publicado o 30 de marzo de 2012

→ Non houbo avances nin sorpresas en canto á loita contra o mobbing na empresa. Nin a súa erradicación, nin a protección das vítimas non están presentes na mente do actual goberno. Esta é unha reforma para facilitar os despedimentos, proporcionar ás empresas os recursos necesarios para cometer os abusos e o que veña irémolo descubrindo. Nalgúns casos a situación das vítimas complícase un pouco máis.

 

Aínda que se segue mantendo a indemnización para o caso dos despedimentos esta reduciuse -33 días por ano traballado cun máximo de 24 mensualidades- é unha cantidade considerable e suficiente como para que o empresario ou empresaria estea disposto ou disposta a pagar. Iso si, despois de todo un exercicio de presión para que a vítima teña que conformarse con ela.

É máis, aínda o poden conseguir aínda máis barato: 20 días por ano traballado cun máximo de 9 mensualidades, En que circunstancias?

Levando a cabo modificacións en canto a:

Horarios:

Poderá cambiar o horario ou correspondente ao traballador ou traballadora alegando motivos organizativos ou produtivos.

Este tipo de modificación é un

a das accións que con frecuencia se exercen no mobbing descendente

 

Salarios:

Como medida de presión poderase rebaixar o salario

e a súa xornada de traballo de forma temporal, cando existan probadas razóns económicas, técnicas organizativas ou de produción. Non se establece a contía límite de rebaixa.

E o peor de todo, é que soamente alegando ambiguas razóns de produtividade ou competitividade, esta redución se pode aplicar tanto a traballadores ou traballadoras de xeito individual, coma a un grupo de ello,s coma a toda o equipo.

A redución do salario terá unha nova arma de presión.

Se estes cambios, non son aceptados polos traballador ou traballadora, poderase rescindir o contrato cunha indemnización de 20 días por ano traballado e cun máximo de 9 mensualidades.

 

O Mobbing e a Reforma LaboralO artigo 52 d) do Texto Refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado por Real Decreto Lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, queda redactada do seguinte modo:

Serán causas obxectivas para a extinción unilateral do contrato:

As faltas de asistencia ao traballo, aínda xustificadas con baixa médica pero intermitentes, que alcancen o 20% das xornadas hábiles en dous meses consecutivos, ou o 25% en catro meses discontinuos dentro dun período de doce meses. Na práctica quere dicir que faltar dez días ao longo de dous meses, supón o despedimento por causas obxectivas.

 

Nunha situación de mobbing, o primeiro que se resente é a saúde, tanto física coma psíquica. Como por exemplo, problemas gastrointestinais, problemas musculares, ansiedade, taquicardias.

 

Estes problemas de saúde, dan lugar en moitas ocasións a baixas de incapacidade de curta duración, o medo da vítima a ser branco das críticas por absentismo ou a perder o posto de traballo, obrígao a reincorporarse o antes posible.

Cando se trata de mobbing o seu acosador ou acosadora estará alí a esperar para seguir cos seus ataques que non só continuarán senón que ademais recruaranse e polo tanto será moi probable que volva recaer da mesma doenza ou volva sufrir calquera outra.

Cantas vítimas, ante as reaccións psicosomáticas como a fatiga, ou un malestar xeral non ven outra saída ou outro auxilio que afastarse temporalmente e a través dunha baixa do foco estresor, é dicir, do seu posto de traballo, porque necesit

an tranquilizarse ou recobrar forzas?

A xurisprudencia veu establecendo que son faltas de asistencia o abandono do posto de traballo, tanto os atrasos á hora da entrada coma o abandono antes de finalizar a xornada do posto de traballo.

Así que ollo, con esas saídas antes de tempo por non ter nada que facer ou por evitar calquera situación que se poida dar como consecuencia deste: unha crise de ansiedade ou calquera outra doenza-mareos, unha dor de cabeza, taquicardias ou simplemente evitar un enfrontamento.

Iso si, non será computada como falta de asistencia inxustificada, entre outros:

 

A enfermidade ou accidente non laboral cando a baixa sexa acordada polos servizos sanitarios oficiais e teña unha duración de máis de vinte días consecutivos, nin as motivadas pola situación física ou psicolóxica derivada de violencia de xénero, acreditada polos servizos sociais de atención ou servizos de Saúde, segundo proceda.

 

Aínda cando a mala situación psicolóxica dunha vítima de mobbing ten unha orixe laboral, non se terá en consideración.

 

AUTORA: EVA VENTINA

FONTE: BLOG EVA VENTIN