“Practica a prevención ¡é cousa de todos! ”

O Supremo rexeita indemnizar a Gil Marín por ser acusado de acoso laboral Publicado o 18 de septiembre de 2012

→ O Tribunal Supremo rexeitou aprobar a indemnización de 50.000 euros que reclamaba o conselleiro delegado da inmobiliaria Gilmar Jesús Gil Marín polas acusacións de "mobing" -acoso laboral- que dirixiu contra el unha empregada cando acudiu aos tribunais tras ser despedida. Así o acordou a Sala do Civil ao desestimar o recurso de Gil Marín contra
a sentenza da Audiencia Provincial de Madrid, que
ditaminou que "as manifestacións vertidas pola
demandada fórono no seo dun procedemento
laboral" e estaban "plenamente xustificadas" porque
eran a única forma de poñer de relevo a suposta
existencia dunha conduta de acoso moral no
traballo.
Un Xulgado do Social de Madrid condenou en 2009 á empresa do grupo
Gilmar na que a muller traballaba, "Residencia Universitaria San Lorenzo", a
indemnizar con 18.000 euros esta empregada por despedimento improcedente,
aínda que absolveu a Gil Marín da acusación de acoso laboral e a outro directivo
da imputación de acoso sexual, sentencia que foi confirmada polo Tribunal
Superior de Xustiza de Madrid.
O Supremo destaca, aínda que para o Xulgado do Social que coñeceu da
demanda polo despedimento desa empregada non quedou probada a existencia de
"mobing", en ningún momento declarou que as afirmacións da afectada
"fosen falsas".
Segundo a sentenza do TS, da que foi relator o presidente da Sala
do Civil Juan Antonio Xiol, "nese contexto de defensa procesual e de
conflitividade entre empresa e traballadora, no que se fixeron as
imputacións" contra Gil "non" pode sosterse que a demandada se excedese
ou actuase de modo desproporcionado".
A Sala cre por iso que a empregada "non" foi máis alá do que legal e
estritamente era necesario para os fins da súa reclamación laboral".

Fonte: EFE (MADRID) 17/09/2012