Nube de etiquetas
Os accidentes laborais soben a pesar de que hai menos persoas activas (Comarca Monforte de Lemos) Publicado o 22 de agosto de 2011

Entre abril e xuño, producíronse nas comarcas de Monforte, Chantada e Quiroga un total de 77 accidentes laborais. A maioría foron leves, pero un que se produciu en Carballedo terminou cun traballador morto e outro no Saviñao con outro ferido grave. Monforte e Chantada foron os municipios con máis accidentes, con vinte e oito e catorce, respectivamente; e Sober, Ribas do Sil, A Pobra do Brollón e Carballedo os que tiveron menos, cun cada un.
«Desde UGT queremos recordar aos empresarios -di o secretario comarcal deste sindicato, Mario Docasar- que gastar diñeiro en seguridade non é un custo, senón un investimento».
UGT organizará o mes que vén en Monforte un curso de prevención de riscos.
FONTE: 20-08-2011 A VOZ DE GALICIA
Novas relacionadas
- O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
- Nun contexto marcado polos recortes, a precariedade e reformas laborais restritivas, a sinistralidade increméntase en máis de nove puntos en Galicia
- Leis firmes, controis rigorosos e sindicatos fortes contra a sinistralidade laboral
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes