“Practica a prevención ¡é cousa de todos! ”

UGT apoia a proposta da Fiscalía de crear xulgados especializados en materia de sinistralidade laboral Publicado o 20 de octubre de 2015

→ A Secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT, Marisa Rufino manifestou que o sindicato apoia a proposta da Fiscalía de crear xulgados especializados en materia de sinistralidade laboral e lembrou que é unha antiga reivindicación sindical.

Rufino, que destacou o bo traballo desenvolvido pola Fiscalía especializada en materia de saúde laboral, explicou que "a complexidade deste tipo de denuncias, nas que normalmente hai moitos intervintes, desde servizos de prevención alleos, propios, inspección de traballo, peritos, os propios traballadores, diferentes empresas, en caso de empresas subcontratas..- fai que os procesos se alarguen moitísimo no tempo".

"Ademais, o período de tempo que se produce desde que se realiza a denuncia ata que sae a sentenza é moi longo, normalmente oscila entre os cinco e dez anos, e moitas veces cando finalizan os procesos e tense a sentenza, as empresas xa non existen, sobre todo cando falamos de empresas subcontratas e empresas pequenas e medianas".

Rufino subliñou que o incremento das sentenzas nos últimos anos - na súa maior parte condenatorias xa que practicamente no 80% das empresas está a condenarse ao empresario que ademais, foi consciente de que se produciu un accidente de traballo por falta de medidas preventivas- fai que se necesiten recursos especializados.