“Practica a prevención ¡é cousa de todos! ”

UGT deseña un Protocolo de intervención e prevención das drogodependencias e adiccións no eido laboral Publicado o 17 de abril de 2015

→ UGT considera que as drogodependencias e adiccións no eido laboral son un problema que require da actuación de todos os axentes e que parte dunha idea clara, e é que estamos ante unha enfermidade e como tal debe ser tratada.

A secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT, Marisa Rufino, realizou estas declaración nunha xornada sobre prevención das drogodependencias e adiccións dirixida a delegados de RTVE, un taller organizado polo Sindicato para informar, sensibilizar e prevenir sobre esta problemática e que se impartirá a delegados de diversos ámbitos.

Segundo a última enquisa de EDADES do ano 2013, elabora polo Plan Nacional sobre Drogas, as substancias consumidas por unha maior porcentaxe de persoas entre 15-64 anos son o alcohol (78,3%), o tabaco (40,7%) e os hipnosedantes (12,2%). Con estes datos obsérvase que desde o 2011 incrementouse o consumo de substancias legais e, pola contra, diminúe lexeiramente o consumo de substancias ilegais como cannabis (9,2%) e cocaína (2,2%).

Marisa Rufino sinalou que "as drogodependencias e adiccións deben ser tratadas como unha cuestión de saúde dentro do ámbito laboral analizando a influenza que poidan ter as condicións de traballo na seguridade e saúde dos trabaladores".

Estas condicións e o medio ambiente de traballo poden levar ao inicio, ao mantemento ou á recaída nas adiccións, o cal fai máis vulnerable ao traballador e pode aumentar a posibilidade de que se produzan accidentes,, conflitos, absentismo e outros problemas asociados á diminución da produtividade.

A secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT resaltou que o Sindicato comparte a idea da OMS e a OIT de que "é necesario actuar fronte ao problema, implantando nas empresas programas de prevención que deben respectar a dignidade do traballador, garantizar a total confidencialidade e, ademáis, protexer a seguridade no emprego e os ingresos do traballador durante o período de tratamento, igual que ocurre co resto dos problemas de saúde.

Por todo elo, destacou, desde UGT imos realizar, con financiamento do Plan Nacional sobre Drogas, accións de formación e sensibilización, seminarios, talleres, elaboración e distribución de material informativo, co fin de prevenir e facilitar as ferramentas necesarias aos delegados, traballadores, servizos de prevención e, incluso, empresas, para abordar esta problemática a través da implantación do Protocolo de Intervención e Prevención das drogodependencias e adiccións deseñado polo Sindicato, ben a través da negociación colectiva ou de acordos de empresa no seno do comité de seguridade e saúde.

Rufino manifestou que os puntos de partida deste protocolo son: o tratamento das drogodependencias e adiccións como unha enfermidade, que o consenso xunto coa participación dos representantes dos traballadores son imprescindibles para o seu desenvolvemento, que se integre dentro da política preventiva da empresa, que aborde dende a prevención ata a reinserción laboral, formar e informar a todos os traballadores, ser accesible e de aplicación todos os estamentos laboráis e o carácter voluntario para os traballadores, respectando en todo momento a confidencialidade dos mesmos.