Nube de etiquetas
UGT edita un estudo que ofrece ferramentas para incorporar a prevención dos riscos psicosociais na negociación colectiva Publicado o 29 de enero de 2016

A través da investigación documental realizada polo Sindicato evidénciase que a negociación colectiva pode contribuír a solventar as lagoas do noso ordenamento xurídico, así como, a reforzar o compromiso entre interlocutores sociais, Administración e traballadores para conseguir una xestión preventiva integral.
Para elo, sería necesario incrementar os preceptos preventivos que se implementan nos convenios colectivos.
A enquisa ESENER recoñece o papel activo dos representantes dos traballadores na prevención dos riscos laborais e, en particular, dos riscos psicosociais, por elo, este estudo incorpora un abano de experiencias que pretenden servir de referencia aos delegados de prevención para o establecemento de obxectivos e a planificación e aplicación destes obxectivos a través da negociación colectiva.
Ademais, ofrece unha serie de ferramentas útiles na prevención dos riscos psicosociais (códigos de conducta, guías de boas prácticas, protocolos...).
O III Acordo para o emprego e a negociación colectiva no que se recollen no capítulo II un punto dedicado á seguridade e saúde no traballo (punto 7) debe significar o punto de partida na incorporación da prevención dos riscos psicosociais na negociación colectiva e convertirse en regra xeral en todos os ámbitos de negociación.
Para acceder ao estudo. http://www.ugt.es/SitePages/NoticiaDetalle.aspx?idElemento=1601
Novas relacionadas
- O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas
- UGT aposta pola formación e a prevención para combater as drogodependencias no eido laboral
- UGT esixe maiores plans de prevención nas empresas
- Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral
- A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes