Nube de etiquetas
Actualidade
-
Ferido un obreiro de 60 anos que se caeu do tellado que estaba reparando en Vilanova Publicado en Accidentes Laborais o 20 de octubre de 2010
Un novo accidente laboral tivo lugar na tarde de onte na comarca, e como ocorreu noutras ocasións, foi unha caída dun obreiro desde o tellado que estaba reparando.
-
Unha peza de ferro golpea a un operario en Lavacolla Publicado en Accidentes Laborais o 20 de octubre de 2010
Un traballador resultou ferido de gravidade (fractura nun ombreiro) nun accidente laboral rexistrado onte pola mañá nas obras que se están levando a cabo no aeroporto de Lavacolla.
-
Morre un soldador do Auditorio de Vigo tras romper unha pasarela Publicado en Accidentes Laborais o 19 de octubre de 2010
O operario, que faleceu no acto, caeu ao patio de butacas desde 9,60 metros de altura.
-
Seis feridos por un rebentón dunha tubaxe en Ferrol Publicado en Accidentes Laborais o 19 de octubre de 2010
O sinistro tivo lugar nas obras de saneamento da estrada de Castela, durante unha proba de presión da traída da auga.
-
Ferido un home tras caerse de 4 metros de altura cando realizaba traballos nunha casa Publicado en Accidentes Laborais o 19 de octubre de 2010
Un home duns 53 anos de idade resultou ferido tras caerse desde uns catro metros de altura cando realizaba traballos nunha casa no municipio de Mazaricos (A Coruña).
-
Catro peóns faleceron este ano en accidente laboral na provincia Publicado en Accidentes Laborais o 19 de octubre de 2010
No mesmo período do 2009 non perecera ningún traballador do sector da construción
-
Un operario de 26 anos falece nun accidente laboral en Vigo Publicado en Accidentes Laborais o 19 de octubre de 2010
Un operario de 26 anos faleceu este luns pola tarde nun accidente laboral rexistrado en Vigo, segundo confirmaron a AGN fontes do Servizo de Emerxencias 112 e da Policía Local.
-
Un total de 502 traballadores faleceron en accidente laboral ata agosto, un 7,8% menos que en 2009 Publicado en Novas estadísticas o 18 de octubre de 2010
Un total de 502 traballadores faleceron en accidente laboral nos oito primeiros meses do ano, 43 menos que en igual período de 2009, o que en termos relativos implica un descenso neste tipo de sinistros do 7,8%, segundo os últimos datos do Ministerio de Traballo e Inmigración.
-
Un traballador de 30 anos resultou onte ferido de consideración ao caerse nas instalacións da central hidroeléctrica de Castrelo de Miño. Publicado en Accidentes Laborais o 14 de octubre de 2010
O accidente laboral produciuse ás 11.40 horas cando o operario realizaba tarefas de mantemento e, tras tropezar, caeuse ao chan, golpeándose a cabeza contra os ferros.
-
Un operario resultou ferido ao caer dun tellado en Dozón onde colocaba unhas chapas Publicado en Accidentes Laborais o 14 de octubre de 2010
Un operario sufriu onte un accidente laboral tras caer dun tellado onde se atopaba ao parecer colocando unhas chapas.
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes