Nube de etiquetas
Actualidade
-
O Goberno utiliza a sinistralidade laboral para financiar a empresas e mutuas Publicado en Novas sindicais o 28 de marzo de 2017
O pasado venres 24 de marzo publicouse o Real Decreto 231/2017, do 10 de marzo, que derroga o RD 404/2010, polo que se regulaba o establecemento dun sistema de redución das cotizacións por continxencias profesionais ás empresas que diminuísen de maneira considerable a sinistralidade laboral.
-
Os infartos e derrames cerebrais consolídanse como a primeira causa de morte laboral Publicado en Accidentes Laborais o 1 de enero de 2017
Os datos de accidentes de traballo, nos 10 primeiros meses do ano, volven constatar a tendencia alcista da sinistralidade laboral. Producíronse máis dun millón de accidentes relacionados co traballo e morreron 509 persoas, 184 delas por mor de infartos e derrames cerebrais, o que representa máis dun terzo do total e consolidándose como a primeira causa de mortalidade laboral. Estas patoloxías non traumáticas vincúlanse aos riscos psicosociais, como a tensión.
-
A precariedade laboral e a falta de prevención producen un incremento dos accidentes de traballo Publicado en Accidentes Laborais o 14 de junio de 2016
Durante os tres primeiros meses do ano, producíronse un total de 296.436 accidentes laborais, un 5% máis respecto do dato do 2015, o que supón 14.044 accidentes laborais máis. Aumentan tanto os accidentes que causaron baixa como os que non.
-
Nun contexto marcado polos recortes, a precariedade e reformas laborais restritivas, a sinistralidade increméntase en máis de nove puntos en Galicia Publicado en Accidentes Laborais o 14 de junio de 2016
Un ano máis, este 28 de abril vaise celebrar o Día internacional da saúde e seguridade no traballo. E un ano máis UGT-Galicia, nesta data, ten que denunciar que a protección da saúde dos traballadores, e da súa propia vida, non é unha prioridade nin para as empresas nin para as administracións. Así o amosa o repunte da sinistralidade nestes últimos anos de forma parella á imposición continua de recortes en todos os eidos, tamén no laboral, e a imposición de dúas reformas laborais que en nada contribuíron á mellora da prevención no eido do traballo. O Sindicato insiste en que a crise non pode servir como escusa para poñer en risco a saúde nin a vida de ninguén.
-
Intolerable aumento dos falecidos como consecuencia do seu traballo en 2015 Publicado en Accidentes Laborais o 20 de enero de 2016
A Unión Xeral de Traballadores considera intolerable o aumento en 54 persoas dos falecidos de xaneiro a novembro de 2015, respecto ao mesmo período do ano anterior, como consecuencia do seu traballo, situando a cifra total de falecidos en 664.
-
Continúa a deterioración da saúde e seguridade dos traballadores Publicado en Accidentes Laborais o 20 de octubre de 2015
O número de accidentes de traballo aumentou nos 8 primeiros meses do ano e tamén o fixo o número de enfermidades relacionadas co traballo, ata setembro de 2015, se comparamos ambas as cifras co mesmo período do ano anterior.
-
A evolución da sinestralidade nos primeiros meses de 2015, con 29 falecidos, sitúa a Galicia á cabeza do Estado cunha incidencia que duplica a media estatal Publicado en Accidentes Laborais o 20 de octubre de 2015
Este ano cúmprese o vinte aniversario da posta en marcha da Lei de Prevención de Riscos Laborais e as estatísticas reflicten que as empresas seguen incumprindo as súas obrigas nesta materia. Os accidentes no traballo é unha das grandes lacras do mercado laboral deste país.
-
UGT apoia a proposta da Fiscalía de crear xulgados especializados en materia de sinistralidade laboral Publicado en Novas sindicais o 20 de octubre de 2015
A Secretaria de Saúde Laboral e Medio Ambiente de UGT, Marisa Rufino manifestou que o sindicato apoia a proposta da Fiscalía de crear xulgados especializados en materia de sinistralidade laboral e lembrou que é unha antiga reivindicación sindical.
-
UGT esixe a inmediata posta en marcha da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo Publicado en Accidentes Laborais o 5 de marzo de 2015
Durante 2014 producíronse máis dun millón de accidentes de traballo, aumentando a cifra de accidentes mortais respecto de 2013. Ante esta realidade, UGT esixe ao Goberno a inmediata posta en marcha da Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo, xa que tras dous anos de finalizar a anterior, aínda segue sen ver a luz.
-
Sanidade de Castela e León regula os traslados de persoal por acoso laboral Publicado en Administración Pública o 11 de febrero de 2011
A Consellería de Sanidade elaborou un regulamento para regular a selección e provisión de prazas nos centros que dependen da Xerencia Rexional de Saúde.
Categorías desta sección
Axenda de eventos
Non hai eventos programados neste mes